InicioOccidentalViveiroViveiro anuncia as actividades do programa Xunt@s: Deporte, uso do smartphone e...

Viveiro anuncia as actividades do programa Xunt@s: Deporte, uso do smartphone e charlas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anuncia o calendario de actividades do programa Xunt@s, que a Deputación de Lugo leva a cabo en colaboración co Goberno local na vila. A iniciativa busca impulsar a participación cidadá e o asociacionismo, con actividades dirixidas a todos os grupos de idade.


“Este tipo de actividades permiten dinamizar a vida social en Viveiro, con opcións de ocio saudables e ás que se pode sumar calquera veciño ou veciña, sen importar a súa idade ou coñecementos previos”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.


Dunha banda, proponse unha actividade de promoción do deporte e ximnasia de mantemento, que se celebrará os martes e xoves de 11.30 a 12.30, dende o 20 de febreiro e nos meses de marzo e abril, no conservatorio profesional de música.


As persoas participantes recibirán unha esterilla e unha botella reutilizable de auga, que poden recoller antes de asistir á actividade na secretaría do Concello de Viveiro. As inscricións son gratuítas e poden xestionarse na propia secretaría do Concello ou no teléfono 982560128. No caso de restar prazas, as persoas poderán sumarse á actividade o mesmo día que se inicie.


Doutra banda, ofrécese unha actividade de uso do smartphone, que se desenvolverá en grupos pequenos. A proposta é aprender a usar o propio smartphone, sacándolle partido ás distintas funcionalidades. As persoas interesadas poden escoller entre dúas opcións de horario: o 6 ou o 13 de marzo, de 10.30 a 12.30. As inscricións son gratuítas e poden xestionarse na propia secretaría do Concello ou no teléfono 982560128.


“Animamos á cidadanía a sumarse a estas actividades, no caso da deportiva, contarán co material necesario, mentres que na actividade sobre o smartphone, os grupos serán reducidos para facilitar a aprendizaxe”, engade a concelleira de Benestar Social, Infancia e Saúde, Catalina Fernández.


Por último, prográmanse dúas charlas dirixidas a todos os públicos. O 1 de marzo, ás 17.00, celebrarase unha charla de nutrición e hábitos saudables. O 7 de marzo ás 16.00, proponse unha charla do psiquiatra Luis Ferrer i Balsebre, un referente neste campo, sobre como encarar o proxecto de vida con positividade, con ferramentas para acadar o exito profesional e social.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...