A candidata do Partido Popular (PP) ao Congreso por Pontevedra, Ana Pastor, asegurou estar “moi preocupada” polos “bandazos de Pedro Sánchez no prezo da enerxía” e alertou de que “esto vai facer que se poida pechar Alcoa“.
Así o manifestou durante a visita realizada o pasado sábado a Viveiro, en coincidencia coa Semana Santa, na que estivo acompañada dos candidatos por Lugo, Jaime de Olano e Joaquín García Díez, e polo candidato á alcaldía da localidade.
Despois de falar con veciños e visitantes do municipio, Pastor asegurou que o PP traballará desde as institucións para que “Viveiro teña un museo ao igual que ocorre con outras cidades de España”.
“DAS MÁIS IMPORTANTES” DE ESPAÑA
Pastor reivindicou que “Viveiro ten unha das procesións máis importantes de toda España e uns pasos marabillosos, polo que merece a pena que se difunda de cara a todos os españois e a todos os galegos, xa que é outro elemento máis para atraer o turismo“.
Pola súa banda, o candidato por Lugo ao Congreso, Jaime de Olano, manifestou que dotar á cidade dunha instalación cultural deste tipo “é o que queren os veciños de Viveiro” e sería unha boa forma de dar a coñecer “esta marabilla de arte”.