IniciosociedadeLoureiro di que é "irresponsable" atribuírlle o atraso na sala para as...

Loureiro di que é “irresponsable” atribuírlle o atraso na sala para as vítimas de violencia machista

A alcaldesa asegura que a Xunta recepcionou en decembro de 2015 o acordo plenario para ceder de balde varios locais a fin de ampliar os xulgados de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, cualificou ao vicepresidente do Goberno autonómico e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, de “irresponsable” tras suxerir que a tardanza en habilitar unha sala de espera para as vítimas de violencia de xénero nos xulgados da vila, tal e como reclamaban os traballadores, debeuse “á falta de celeridade” do Concello.

Loureiro defende que desde o executivo municipal “realizáronse as xestións oportunas para a formalización da cesión de uso gratuíto de varios locais para a ampliación dos xulgados de Viveiro a favor da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza”. A rexedora en funcións sinala que o acordo plenario foi adoptado en novembro de 2015 e recepcionado pola Xunta o 15 de decembro.

Loureiro afirma que o deputado no Congreso do Partido Popular (PP) e concelleiro na corporación viveirense, Jaime de Olano, “solicitou que se lle enviase de novo a documentación, entregada o 14 de xuño de 2018”.

Despois da queixa de dous funcionarios e integrantes da Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero, que alertaron de que as vítimas de violencia machista esperaban durante horas para denunciar os seus agresores nun espazo copado polo arquivo, incómodo e con mobiliario suxo e escaso, o 16 de abril de 2019 “remitiuse un rogo desde o Concello de Viveiro á Dirección Xeral de Xustiza”.

ESTE XOVES, “PRIMEIRA COMUNICACIÓN” AO RESPECTO

Loureiro engadiu que “este xoves, logo do tempo transcorrido, tivemos a primeira comunicación ao respecto por parte da Xunta, na que se nos solicita o título de propiedade para a tramitación, o cal é mostra evidente de que o Concello non estaba a paralizar o proxecto”.

Así, a rexedora conclúe que “é unha irresponsabilidade por parte do vicepresidente da Xunta facer no Parlamento estas declaracións que son mentira”.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...