Un neno de oito anos gaña cun videoclip entradas e pizza de por vida no Resu

Adrián Quintana, de Ortigueira, triunfou no concurso convocado por Galipizza cunha versión dos Kiss

Fotograma do videoclip. AXM

Adrián Quintana, un neno de oito anos de Meira (Ortigueira), gañou o concurso de pezas audiovisuais convocadas por Galipizza en relación co Resurrection Fest. Como premio, o pícaro gozará de entradas para o festival de por vida e comida gratuíta no establecemento durante os días nos que se celebre o encontro musical de Celeiro.

Galipizza impulsou o certame dentro das actividades realizadas polo seu 25 aniversario. A empresa instou a gravar unha peza audiovisual que combinara tres ingredientes: a pizza, o Resurrection Fest e Kiss. Presentáronse un total de doce creacións.

Adrián, habitual do festival e que está aprendendo a tocar a guitarra, triunfou con ‘Eu Quero ir ao Resurrection‘, unha versión de ‘I Wanna Rock N Roll All Night‘ de Kiss cantada por el mesmo en galego.

Jacobo Ríos e os irmáns Latorre, de Sevilla, gañaron o segundo premio -con entrada e comida gratuíta para a edición de 2018- con ‘Viveiro Rock City‘, unha curtametraxe que versiona a película ‘Detroit Rock City‘.

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here