A DJ holandesa Chelina Manuhutu encabeza o cartel da terceira edición do festival de música electrónica Ether, que se celebra este sábado e que neste 2018 múdase do Casino de Viveiro á Praciña da Herba.
O festival, de entrada gratuíta, ofrecerá por segundo ano actividades para nenos, a un prezo de dez euros. O programa de EtherKids, para o que a inscrición fica aberta, comezará ás 16.30 horas, e os pequenos poderán ser Djs por un día, ademais de desfrutar con talleres de pintacaras, pintura de lenzos ou cunha festa infantil. Os pícaros estarán acompañados por monitores de Eureka.
Os concertos arrincarán ás 19.30 horas. Os asistentes poderán desfrutar dos sets de Djs de alto nivel como Daar, Gersound ou a propia Manuhutu, todos referentes da electrónica a nivel europeo.
APOIO DO CONCELLO
Membros da organización presentaron a cita, que conta co apoio do Concello, no consistorio viveirense. Tamén asistiron á presentación a edil de cultura, Lara Fernández, e a alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro.