IniciosociedadeO colexio de Celeiro deixa de chamarse Pedrosa Latas

O colexio de Celeiro deixa de chamarse Pedrosa Latas

A Xunta aproba o cambio de nome do centro, aprobado polo claustro, o consello escolar e o pleno municipal

Publicada o

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe unha orde asinada polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que aproban o cambio de nome do colexio de Celeiro, que se chamará dende agora Ceip de Celeiro. A Xunta de Galicia satisfai así unha solicitude da corporación municipal.

A rama local de Galicia Nova promoveu o cambio de nome no pasado mes de xullo. As xuventudes nacionalistas argumentaron que a anterior denominación do colexio, Antonio Pedrosa Latas, en recoñecemento a un político e militar falanxista que participou no golpe de Estado de 1936 que derivou na Guerra Civil, non era a axeitada para a escola nin se axustaba á Lei de Memoria Histórica. A mocidade do Bloque Nacionalista Galego (BNG) apelou a “respectar a dignidade dos milleiros de galegas e galegos represaliados”.

a eoi tamén muda de denominación en homenaxe á poeta luz pozo garza

O consello escolar e mailo claustro apoiaron a iniciativa en setembro e solicitaron ás institucións a súa aprobación. O Concello de Viveiro encargou a Carlos Nuevo Cal, cronista oficial do municipio, un informe biográfico sobre Pedrosa Latas para tomar unha decisión sobre o cambio de nome do colexio. Finalmente, o pleno ratificou a proposta no pasado mes de febreiro, coa abstención do Partido Popular (PP). Os populares xustificaron a súa postura en base a que, cando exercía como director do Instituto Social de la Marina, Antonio Pedrosa Latas inaugurou no 1955 en Celeiro máis dun centenar de vivendas protexidas para pescadores.

NOMEARNOS EN FEMININO

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) viveiresa tamén mudará de nome. En diante chamarase ‘Luz Pozo Garza’ en honra á poeta ribadense criada en Viveiro, de 95 anos. O cambio de denominación, aprobado tamén no DOG de hoxe, foi unha proposta do claustro do centro, que se quixo sumar deste xeito á campaña Nomearnos en Feminino, impulsada polo Observatorio da Mariña Pola Igualdade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...