InicioCulturaUn documental que se estreará en Cannes mostra a evolución de Viveiro

Un documental que se estreará en Cannes mostra a evolución de Viveiro

O cineasta viveirense David de Bartolomé, afincado en Estados Unidos, prepara unha peza para a que entrevistou a 76 veciños

Publicada o

- Advertisement -

O cineasta viveirense David de Bartolomé, afincado nos Estados Unidos, traballa nunha película-documental, ‘Viveiro a través do tempo‘, que mostrará a evolución da cidade do Landro. A estrea da peza na Mariña será o vindeiro verán, pero antes será presentada no Festival de Cannes.

O autor, que roda un documental sobre Claudette Robinson, a primeira muller que gravou coa discógrafica Motown, un mito da música do soul, comezou o proxecto no pasado mes de agosto.

EQUIPO “VIVEIRENSE AO 95%”

O director, que contou cun equipo “viveirense ao 95%” -o tratamento de son e cor será en Los Ángeles-, consultou a 76 veciños da localidade, dos ámbitos artístico, deportivo, político, pesqueiro ou asociativo.

Unha orquesta sinfónica e o músico viveirense Joni Ramos poñerán a música, e aproveitarase o arquivo de Rafa Rivera, con máis de 4.000 imaxes do municipio. Haberá dúas versións da peza, de 145 e 180 minutos.

COLABORAN CONCELLO E DEPUTACIÓN

A cinta, presentada no consistorio, conta coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...