IniciosociedadeUnhas 1.400 PCR realizadas no cribado masivo de Viveiro

Unhas 1.400 PCR realizadas no cribado masivo de Viveiro

Os resultados, segundo concreta o Sergas, estarán dispoñibles previsiblemente en 48 horas

Publicada o

- Advertisement -

Arredor de 1.400 PCR foron efectuadas ao longo da xornada deste domingo en Viveiro, durante o cribado masivo a asintomáticos previsto para tentar acotar a incidencia do coronavirus nun municipio que documenta 148 positivos novos nos últimos 14 días.

Segundo concretaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas), os resultados da sondaxe, realizada principalmente a persoas que traballan de cara ao público e teñen por este motivo unha maior exposición ao coronavirus, estarán dispoñibles previsiblemente nun prazo de 48 horas.

Catro equipos sanitarios participaron no cribado. Tanto a xerente do Hospital da Mariña, María José Cortés Canay, como a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradeceron a colaboración da veciñanza “porque é importante para frear o ritmo de contaxios”, indicou a responsable do centro hospitalario da comarca.

AGRADECEMENTO Á PARTICIPACIÓN

Loureiro, pola súa banda, valorou a “moi boa participación” e concretou que “moita xente que estaba anotada chamounos para avisar de que estaban confinados por estar en contacto positivo, de xeito que os trámites irán por outra vía. Transcorreu todo moi ben e os profesionais traballaron cunha grande axilidade. O obxectivo é detectar máis casos asintomáticos“, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...