InicioSucesosFalece a muller, residente no Vicedo, ferida no accidente de Escourido

Falece a muller, residente no Vicedo, ferida no accidente de Escourido

A falecida tiña 85 anos e durante décadas rexentou un chiringuito na praia de Arealonga

Publicada o

- Advertisement -

A muller ferida na colisión entre un coche e un camión da mañá deste luns na curva de Escourido, na parroquia viveirense de Covas, morreu tras ser trasladada ao Hospital da Costa.

A falecida, Aurelia Pena Fernández, tiña 85 anos e residía no Vicedo dende hai décadas.

HOSTALEIRA

Na localidade vicedense era coñecida porque rexentou un local de hostalería na praia de Arealonga, que levaba o seu mesmo nome.

COLISIÓN

O 112 recibiu aviso do accidente, que ocorreu na LU-862, ás 9.35 horas. A central mobilizou a profesionais do servizo de emerxencias sanitarias, aos Bombeiros do parque de Viveiro e á Garda Civil de Tráfico.

O turismo afectado quedou destrozado pola parte de diante e os bombeiros deberon sacar á muller, sen que fose preciso excarcerala.

O condutor do camión resultou ileso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...