Iniciosociedade"Malestar" na comisaría de Viveiro ante os atrasos da vacinación

“Malestar” na comisaría de Viveiro ante os atrasos da vacinación

Sindicatos de Policía Nacional cualifican de "vergoña" que a inmunización deste centro non dera aínda comezo.

Publicada o

O secretario en Galicia da Unión Federal de Policía (UPF), Miguel González, denunciou que os axentes das comisarías da Policía Nacional de Monforte e Viveiro (ao redor duns 120) aínda non foron vacinados contra a covid-19. Este venres, González mostrou a súa “preocupación e malestar” por este motivo, que cualifica de “unha vergoña” que non se inmunizara a estes policías cando na comisaría de Lugo xa se vacinou “entre un 85 e un 90 por cento” do persoal. Ademais, lamentou que tampouco recibisen as doses “a funcionarios que traballan nas comisarías, como o persoal do DNI, de pasaportes ou estranxeiría”. “O Ministerio do Interior e a Dirección Xeral da Policía iniciaron a casa polo tellado e tratan de ver si falta algún ladrillo para poder polo. É un desastre”, aseverou. SALA DO 091 DE LUGO Por outra banda, González tamén mostrou o seu malestar polo traslado á Coruña da sala do 091 que prestaba servizo en Lugo, un cambio que, ao seu xuízo, “non é efectivo” e augurou que Interior e Dirección Xeral da Policía “terán que dar marcha atrás”. Finalmente, Miguel González sobre a “perda de chamadas” advirte que “non é tanto iso como a reacción e o contacto, xa que mentres se conecta coa comisaría de Lugo (desde o 091) pérdese un tempo importante para as intervencións” policiais na cidade e no resto da provincia de Lugo. Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...