InicioOccidentalViveiroMáis dun cento de familias de Viveron súmanse á compostaxe

Máis dun cento de familias de Viveron súmanse á compostaxe

Xa está en funcionamento o servizo gratuíto para o control da poboación urbana da gaivota patiamarela.

Publicada o

- Advertisement -

Máis de 100 familias de Viveiro participan no programa de compostaxe #ViveiroSustentable, impulsado polo goberno local. No marco de dito proxecto, as Mestras Composteiras están visitando esta semana os fogares para aconsellar en materia de reciclaxe. Ademais, achéganse ás casas que aínda non teñen o seu composteiro para informar de que é posible solicitalo e recollelo no pavillón municipal. Ademais destes fogares, os centros educativo CEIP de Santa Rita, Lois Tobío e Covas e ao IES María Sarmiento tamén están implicados no programa de compostaxe.

Así, o Concello de Viveiro anima á veciñanza a sumarse a esta iniciativa coa que “pretende con esta aposta pola compostaxe que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares.”.  Para participar de forma gratuíta no programa é necesario completar un formulario a través de: https://cutt.ly/yhO5rrF, enviar un correo electrónico a  viveirosustentable@mediagesgm.com ou chamar ao número 675507832.

PROGRAMA CONTROL DA GAIVOTA

Por outra banda, o concello lémbralle á veciñanza que está en funcionamento o servizo gratuíto para o control da poboación urbana da gaivota patiamarela e a pomba común para a campaña de nidificación deste ano. A fase actual da campaña inclúe a retirada de niños e o control dos tellados do municipio, un servizo de balde que pode solicitar calquera persoa interesada.

Viveiro foi un dos concellos pioneiros en prestar este servizo, que cumpre en 2021 a súa terceira campaña no municipio. A intención deste servizo é mellorar a calidade de vida da poboación, xestionando de forma adecuada estas aves para previr e evitar o seu crecemento desmesurado, provocando posibles pragas e problemas de salubridade pública, asegurando sempre o benestar da especie.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...