InicioDeportesViveiro, capital do Tiro Olímpico en xullo

Viveiro, capital do Tiro Olímpico en xullo

Terá lugar a I Copa de Tiro Olímpico en Viveiro. A proba, organizada polo Club de Tiro San Roque e apoiada pola Deputación de Lugo, celebrarase o 18 de xullo.

Publicada o

- Advertisement -

O 18 de xullo disputarase en Viveiro a primeira edición Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo, organizada polo Club de Tiro San Roque coa colaboración da área de Deportes.  O deputado  Efrén Castro o presidente do club viveirense, Juan José Casabella, presentaron esta tarde a competición coa que se retoma, despois de varias décadas, o título provincial.

A proba consistirá en tiradas de 150 platos máis unha final olímpica na que participarán os seis mellores tiradores. As incricións para participar na proba están abertas –a través de Whatsapp ao 616933646- ata o xoves 15 de xuño. A organización estima que o torneo reunirá en Viveiro uns 60 participantes de Galiza e do Occidente asturiano.

O deputado Efrén Castro explicou que desde a Vicepresidencia da Deputación apoian a organización de copas provinciais noutras disciplinas, como o atletismo ou o piragüismo. “Cremos que, no caso do tiro ao plato, a posta en marcha de competicións deste tipo tamén pode ser un aliciente para conseguir ese dinamismo a nivel deportivo”, dixo ao tempo que destacou o impacto social e económico que o evento pode supoñer para Viveiro.

Juan José Casabella agradeceu o apoio da área de Deportes á organización da proba que, sinalou, “supón un respaldo importante para parte social do club”. Argumentou ademais que “a proba poñerá en valor o campo de Tiro de San Roque, que é o único da provincia con foxo olímpico. A Copa será un escaparate para traermos ata aquí máis tiradores”.

Deportes traballa tamén na tramitación dun convenio para financiar obras de mellora do campo de tiro viveirense, unha infraestrutura singular xa que é a única da provincia que dispón de foso olímpico e das poucas do noroeste peninsular – xunto ao das Pontes e Xixón- que dispón de dúas canchas para organizar competicións federadas.

As obras, que se executarán en dúas fases, incluirán a substitución da cuberta do foso olímpico e no acondicionamento do local social. Ademais, reformarase a entrada ao recinto para mellorar  a súa accesibilidade

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...