O Concello de Viveiro anuncia que están a realizar os labores necesarios para acondicionar as praias do municipio ante o inicio do período estival. Os traballos impulsados polo goberno local inclúen tanto o acondicionamento dos accesos, a instalación do mobiliario necesario, así como a instalación das duchas.
“Actualmente, estanse empezando a realizar estes traballos na praia de Area e está previsto que continúen posteriormente no resto de areais do municipio: Covas, Celeiro e Seiramar”, apunta nun comunicado.
CRÍTICAS PP
Con todo, o PP di que a alcaldesa de Viveiro gardou durante case dous anos un proxecto de Costas de 1,2 millóns para o acceso á praia de Sacido, que leva moitos meses pechada.
Por iso, esixen a Loureiro que faga as xestións necesarias con Costas para a execución do proxecto e sospeitan que a alcaldesa “carec