Madeira de artistas en viveiro

Sofiya Insua e Elena Rivera pasan á fase provincial do certame de debuxo infantil.

Debuxo premiado no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 / remitida

Sofiya Insua Evtyukova e Elena Rivera Díaz foron premiadas no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021, organizado pola Biblioteca Pública de Lugo.

As dúas viveirenses foron premiadas na categoría de debuxo, concretamente, Sofiya Insua Evtyukova, de 7 anos e do CEP Lois Tobío, logrou o primeiro premio da categoría ata 8 anos. Doutra banda, Elena Rivera Díaz, do mesmo centro escolar e de 10 anos de idade, era a segunda clasificada na categoría de 9 a 11 anos.

“Queremos felicitar a estas nenas polo seu traballo e sobre todo animalas a que continúen desenvolvendo o seu talento no debuxo. Agradecemos ademais a implicación de todos os participantes, cuxo esforzo implica un impulso á cultura”, afirma Lara Fernández Fernández Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.

A edil tamén enxalzou o traballo da Biblioteca Municipal de Viveiro, que recoñecía na fase local os mellores traballos da vila. Esta selección pasou á fase provincial, entre eles os dous finalmente premiados.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here