O Concello de Viveiro está levando a cabo unha iniciativa de sensibilización sobre o cambio climático e a defensa do medio ambiente baixo o proxecto “Viveiro Sustentable”. A primeira campaña desta iniciativa consistiu nun programa de compostaxe doméstica, na que están involucrados os centros educativos do municipio, que pretenden apoiar desta forma os seus programas de fomento de alimentación saudable.
Realizouse unha visita aos colexios e instituto participantes utilizando un vehículo sostible, un patinete eléctrico. Deste modo, o Concello de Viveiro quería minimizar a súa pegada ecolóxica para dar exemplo.
Primeiro visitaron o IES María Sarmiento, onde aproveitan o compost para facer xardineiras e plantar árbores. Logo visitaron o CEIP Plurilingüe de Covas, onde está preparando un programa de alimentación saludable. Tamén visitarion o CEIP Luis Tobio e o CEIP de Galdo onde teñen composteiros e hortos.
Tras as visitas aos centros educativos, o Concello de Viveiro realizou un vídeo que recolle as diferentes propostas do alumnado. A súa intención coa súa aposta pola compostaxe é permitir que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares.