InicioOccidentalViveiroViveiro aposta pola diversidade funcional e acolle a copa de España de...

Viveiro aposta pola diversidade funcional e acolle a copa de España de ciclismo adaptado

Terá lugar o 26 de xuño e contará, entre ouros, con Iván  Montero, actual campión de España nesta modalidade.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro será o escenario o próximo día 26 de xuño dunha nova edición da Copa de España de Ciclismo Adaptado, unha proba que xa acolleu no ano 2019. A organización estima que a proba reunirá uns 50 deportistas de todo o  Estado, incrementando a participación con respecto a súa primeira edición.

Entre os participantes, estarán Iván  Montero, actual campión de España de ciclismo adaptado e presidente de Paraciclismo Galicia que, na presentación do evento, definiu a proba de Viveiro “como a máis dura e a máis bonita do ano” e comprometeu “espectáculo e esforzo dos ciclistas na carretera”.

A Copa de España de Ciclismo Adaptado comezará ás catro da tarde en Celeiro con dous percorridos segundo o nivel de diversidade funcional dos deportistas.

“VALORES”

A Deputación de Lugo acolleu este martes a presentación desta proba coa asistencia da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o deputado de Deportes na Deputación, Efrén Castro; o concelleiro de Deportes, César Iglesias Docal, e César Lage Pérez, presidente do Club Ciclista Viveiro, organizador da proba.

“O ciclismo adaptado mellora a calidade de vida das persoas que o practican e reforza a súa socialización e integración, además de potenciar as súas capacidades e a súa autoestima, todo combinado cos valores que caracterizan o deporte, como a constancia, a humildade, o sacrificio, o esforzo e a dedicación”, dixo a rexedora María Loureiro.

Pola súa banda, o deputado Efrén Castro subliñou o compromiso da área de Deportes cos
clubs e cos concellos para sacar adiante eventos deportivos coma este, “que é unha referencia no calendario estatal”. “É, ademais dunha obriga, un orgullo colaborar na promoción do deporte e máis aínda na promoción do deprote inclusivo, que está a medrar e buscar o seu oco”, expuxo.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...