O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza desta tarde o nivel medio de restricións para os concellos de Camariñas, Malpica de Bergantiños e Soutomaior. Un nivel do que saen Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 19 de xuño.
O comité reunirase de novo o vindeiro martes para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.