InicioOccidentalViveiroOllo... Aumentan as falsas ofertas telefónicas de Microsoft na Mariña

Ollo… Aumentan as falsas ofertas telefónicas de Microsoft na Mariña

A Policia lembra que o soporte técnico da compañía soamente se pon en contacto previa solicitude do interesado e nunca fai chamadas de mantemento.

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional detectou unha reputan de chamadas telefónicas na Mariña, especialmente en Viveiro, con orixe en terminais estranxeiros, nas que falsos técnicos informáticos ofrecen solucións de software para computadores persoais, Nun primeiro momento, o falso técnico, con acento estranxeiro e dificultade para expresarse en español, informa á potencial vítima do motivo da chamada: o seu computador está infectado dun virus que afecta o funcionamento do Pc e supón unha ameaza para a seguridade dos datos, especialmente os bancarios, cartóns e intimidade persoal.

A continuación trata de gañarse a confianza da vítima, facéndolle crer que ten a solución ao seu problema e a un baixo prezo. Se conseguiu que se confíe, o falso técnico dálle instrucións para que execute o un software malicioso que previamente lle enviou (a través de email, descargas automáticas ao navegar en determinadas páxinas, etc) sen que a vítima se teña decatado de recibilo.

Ao instalar o ‘malware’, o ciberdelincuente faise co control remoto do computador, podendo monitorizar parte das operacións ‘en liña’ que a vítima poida realizar, especialmente as de ‘banca electrónica e pagos con cartóns’.

Cando a vítima vai facer uso da banca electrónica ou do seu cartón de crédito para pagar o falso servizo, o ciberdelincuente está monitorizando a operación de forma que pode facerse cos datos de contas, DNI, usuarios, contrasinais, claves, etc. para, non só baleirar as contas da vítima, senón de dispor de créditos ao seu nome e o da súa contorna familiar e profesional.

QUE FACER?

Desde a Comisaría de Policía Nacional de Viveiro lémbrase a mensaxe que Microsoft vén reiterando: o soporte técnico da compañía soamente ponse en contacto previa solicitude do interesado e nunca fai chamadas de mantemento nos dispositivos informáticos con este tipo de acceso remoto.

En caso de ser victima deste tipo de cirberdelincuentes, a Policía Nacional recomenda avisar ao banco, revisar contas e cambiar claves. Se accederon ao computador ou dispositivo, contactar co servizo técnico do fabricante e, por suposto, denunciar os feitos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...