O Concello de Vivieiro organiza unha charla informativa sobre o acollemento familiar o vindeiro xoves 24 de xuño ás 19:00 horas na casa do concello. A xornada , baixo o nome, “Contigo Florece: xerando cultura de acollemento”, estará impartida pola Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo).
A intención da charla é difundir e sensibilizar sobre o acollemento familiar, como unha medida de protección á infancia e á adolescencia. Asemade, o goberno local proporcionará información básica sobre o sistema de protección, para que a cidadanía se achegue a esta realidade creando cultura do acollemento familiar e impulsando esta medida no municipio.
A charla terá un carácter activo e participativo. Nela trataranse conceptos teóricos, as características básicas do acollemento familliar e unha aproximación emocional ao tema. O Concello de Viveiro pretende con esta iniciativa continuar sensibilizando á poboación sobre as dificultades que atopan os menores neste tipo de situacións, unhas eivas que o goberno local está comprometido a eliminar.