InicioOccidentalViveiroViveiro prohíbe os animais domésticos nas súas praias

Viveiro prohíbe os animais domésticos nas súas praias

Obriga a levar aos animais con correa na vía pública e a recoller as deposicións.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que, co obxectivo de cumprir coas competencias municipais no relativo ás praias, o goberno local ditou un bando recordando varias normas que afectan aos animais domésticos nestes espazo

Así, prohíbese a estancia e/ou circulación de animais domésticos nas praias do termo municipal. Doutra banda, os animais domésticos deben levarse polas vías públicas suxeitos mediante correa que permita o seu fácil control.

Por último, o concello lembra que, como norma básica de urbanidade, os donos de animais que circulen polas vías públicas, estarán obrigados a recoller as deposicións dos mesmos e depositalas en papeleiras ou contedores.

O Concello de Viveiro basea este novo bando no artigo 113 da Lei de Costas, de 28 de xullo de 1988, que atribúe competencias municipais no dominio público marítimo terrestre estatal para manter as praias e lugares públicos de baños nas debidas condicións de limpeza, hixiene e salubridade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...