InicioDeportesAdrián Ben, todo un campión

Adrián Ben, todo un campión

osé Tomé deu os parabéns ao atleta viveirense pola súa actuación o pasado domingo en Xetafe.

Publicada o

- Advertisement -

Adrián Ben non para e está chamado a ser un grande do atletismo. Por iso, o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, felicitou, no seu nome e no da Corporación provincial, ao atleta viveirense polo título do campionato de España na disciplina dos 800 metros lisos acadado esta pasada fin de semana en Xetafe. O mandatario provincial quixo transmitir os seus parabéns ao deportista lugués pola medalla de ouro, coa que certifica tamén a súa presenza nos Xogos Olímpicos que se disputarán en Tokio.

Ben logrou o título na proba máis cara do circuíto, a última, logo dun ataque demoledor a falta de 150 metros que deixou sen capacidade de reacción a todos os seus rivais e que lle permitiu facerse cunha das tres prazas que terán os atletas españois na cita olímpica para a modalidade dos 800 metros.

“Os valores e o traballo de Adrián Ben son un orgullo para todos e todas os lucenses, demostrando que os obxectivos marcados poden acadarse con esforzo constante”, resaltou o Presidente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...