InicioOccidentalViveiroO BNG presenta unha moción para que os cans poidan estar nas...

O BNG presenta unha moción para que os cans poidan estar nas praias e zonas verdes de Viveiro

"É un proxecto que ademais contribuiría a potenciar o turismo con mascotas no noso concello", apunta.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro rexeita a prohibición do Concello de Viveiro de prohibir a presenza de animais nos seus areais porque, di, “existen alternativas de baixo custe e pouco ambiciosas que permiten o uso compartido de praias e zonas verdes da veciñanza coas mascotas”

Por iso, presentou unha moción na que pide “acoutar zonas con estacas e cordas, e/ou colocar paneis informativos coas normas de convivencia e as sancións por incumprimento”. Tamén reclama colocar á beira das praias un posto/caseta que ofreza ás persoas usuarias estacas para atar os cans, papeleiras para depositar os excrementos, a instalación dunha mangueira ou duchas para cans. “É un proxecto que ademais contribuiría a potenciar o turismo con mascotas no noso concello”, indica nun comunicado.

Así, critica que no concello segue sen existir posibilidade legal de que os cans “corran, salten, se bañen e socialicen con outros cans, o cal é vital para o seu desenvolvemento saudable e equilibrado”. Por iso, insiste en que é totalmente necesario dotar Viveiro destas zonas, tendo en conta que ademais de proporcionarlles ese dereito tamén suporía a medida máis urxente e máis efectiva “para previr e controlar as molestias e perigos que os animais podan causar a persoas e instalacións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...