InicioOccidentalViveiroViveiro, candidata a Itinerario Cultural Europeo dentro da Red Europea de Celebraciones...

Viveiro, candidata a Itinerario Cultural Europeo dentro da Red Europea de Celebraciones de Semana Santa

Está representada na Xunta de Cofradías polas súas tres irmandades, catro cofradías e a venerable Orde Terceira franciscana.

Publicada o

- Advertisement -

A “Red Europea de Celebraciones de Semana Santa y Pascua” vén de aprobar a presentación do expediente para a candidatura da institución como Itinerario Cultural Europeo.  Esta rede está participada polo Concello de Viveiro e pola súa Semana Santa, representada na Xunta de Cofradías polas súas tres irmandades, catro cofradías e a venerable Orde Terceira franciscana.

A “Red Europea de Celebraciones de Semana Santa y Pascua”, formada por municipios de todo o continente, ten por obxectivo promocionar e difundir o patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, relacionada coas celebración da Semana Santa e Pascua.

A institución traballa a través de accións que poñan en valor o patrimonio, impulse en torno ao mesmo un desenvolvemento turístico sostible e contribúan a salvagardar o patrimonio inmaterial a través do traballo científico e a investigación. A rede deu este mércores o seu visto bo á iniciativa, no marco da súa Asemblea Ordinaria, co voto a favor de todos os asistentes, entre os que se atopaban representantes de todos os países membros (España, Italia, Portugal Malta e Eslovenia).

A acción realizarase durante o mes de xullo e permitirá posicionarse como un atractivo cultural de recoñecido valor en toda Europa. Os Itinerarios Culturais Europeos son, dende 1987, unha invitación a viaxar e descubrir o rico e diverso patrimonio do continente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...