InicioOccidentalViveiroViveiro adecenta o principal núcleo de arqueoloxía industrial do concello

Viveiro adecenta o principal núcleo de arqueoloxía industrial do concello

Realiza unha limpeza da área etnográfica da Insua, onde se atopa o antigo cargadoiro das MInas da Silvarosa.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro está realizando obras de mantemento na Área Etnográfica da Insua, procedendo ao arranxo das eivas máis importantes, ocasionadas por actos vandálicos ou polo desgaste propio do paso do tempo. “Estes labores forman parte da revisións que o goberno local vén facendo neste espazo no que, ademais, se realizan varios traballos de roza ao longo do ano”, apunta o concello nun comunicado.

Na área etnográfica da Insua encóntrase o antigo cargadoiro das Minas da Silvarosa. Actualmente, só quedan restos de arqueoloxía industrial das tolvas e do tranvía aéreo bicable, sistema Bleichet, de 5 quilómetros de lonxitude, que servía para transportar o mineral, aproveitando o desnivel da ladeira ata o mar. Alí, almacenábase en grandes tolvas.

A través dun túnel recollíase e lavábase para facelo chegar a unha estrutura de ferro, que se adentraba no mar onde se volcaba directamente nas embarcacións.  Unha vez cargado directamente nos vapores de transporte, enviábase con destino a Alemaña, Holanda e Inglaterra, principalmente en tempos de entreguerras, debido á dureza do ferro, co obxectivo principal de facer canóns e balística.

“O Concello de Viveiro é consciente da importancia da zona, de gran valor etnográfico, turístico e nacional”, destaca. Por iso, o goberno local impulsa o acondicionamento da instalación, dende onde se poden observar unhas magníficas vistas da ría de Viveiro e, incluso, asomarse polo antigo cargadoiro, rehabilitado nunha parte da súa lonxitude orixinal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...