Este mes de xullo o pleno do Concello de Viveiro aprobou unha moción do BNG para sacar o enreixado que separa Viveiro do mar desde a altura do antigo Casino ata case Celeiro. Segundo o propio partido este é “un enreixado decolorio e roñoso que impide desfrutar dunhas vistas idílicas como a Praia de Covas, a entrada da ría ou o Porto Deportivo”.
A mocion defendida pola concelleira do Bloque, Miriam Bermúedez, propoñía retirar o enreixado que comeza no antigo Casino de Viveiro para crear un carrilbici que una Viveiro e Celeiro e para habilitar aparcamentos conecctados a través de escaleiras e rampas coa beirarrúa para darlle servizo ao Centro de Saúde, a hostalaría e ás tendas da zona de Lodeiro.