InicioOccidentalViveiroO reto do Concello de Viveiro: conseguir que 300 familias composten nas...

O reto do Concello de Viveiro: conseguir que 300 familias composten nas súas casas

Están levando a cabo un programa que o que busca é que os veciños empreguen un composteiro nas súas hortas para que "os residuos orgánicos non cheguen aos colectores da rúa".

Publicada o

- Advertisement -

“Viveiro Sustentable” é o proxecto do Concello de Viveiro de loita contra o cambio climático e defensa do medio ambiente. A primeira campaña do proxecto é a compostaxe doméstica, na que xa están implicadas preto de 200 familias. O programa ten como obxectivo que 300 familias do concello composten na súa casa. O único requisito e ser veciño de Viveiro e ter un pequeno xardín.

O concello abre un novo prazo para que as persoas intereadas recollan o seu composteiro aínda que non estean apuntadas previamente no programa. Entregaranse composteiros a todos os interesados no Pavillón Polideportivo Municipal o martes 3 e o xoves 5 de agosto entre ás 10:00 e as 14:00 horas. Ao recollelo será necesario indicar un número de teléfono e o nome. As persoas que recollan o composteiro recibiran unha chamada para completar os seus datos, tamén poden facelo nun formulario online antes ou despois da recollida.

Logo disto recibirán a visita das Mestras Composteiras que farán a labor de formación para o mellor funcionamento dos composteiros. “Agradecemos a colaboración veciñal, con esta aposta pola compostaxe pretendemos que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

 

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...