InicioOccidentalViveiroMúsica, teatro, monicreques e contacontos serán os protagonistas do programa cultural de...

Música, teatro, monicreques e contacontos serán os protagonistas do programa cultural de Viveiro “Veran(e)arte”

Os espectáculos, que se celebrarán durante o mes de agosto, están pensados para un público familiar.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acollerá durante o mes de agosto o programa ‘Veran(e)arte’, con espectáculos culturais pensados para un público familiar, con aforos limitados e un cumprimento estrito de todos os protocolos Covid-19.

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Noriega, explica que “terán cabida no programa todo tipo de expresións artísticas, desde circo, maxia, contacontos ou grupos musicias, cunha aposta moi clara pola cultura galega e local”.

O programa ten dúas modalidades, unha de espectáculos ao aire libre en espazos como os Xardíns Noriega Varela, o parque Pernas Peón, Covas ou Celeiro, e unha segunda con actividades no Teatro Pastor Díaz. Todas as actividades serán de balde excepto o concerto familiar ‘Yo soy ratón’. As charangas programadas actuarán exclusivamente pola mañá e farán parada só no templete da música (Xardíns Noriega Varela).

Un dos concertos programados, o de Guadi Galego o 16 de xullo no parque Pernas Peón, será inclusivo para a comunidade xorda, polo que estarán dispoñibles as mochilas vibratorias Subpac das que dispón o Concello de Viveiro. Todos os eventos terán aforo limitado e protocolos Covid-19, polo que será preciso chegar 30 minutos antes para evitar aglomeracións.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...