Trasladado a hospital unha persoa tras un accidente de catro vehículos en Viveiro

O incidente tivo lugar en Celeiro.

Ambulancia do 061 (foto de arquivo). AXM

Unha colisión múltiple entre catro vehículos rexistrada a tarde deste venres en Viveiro provocou feridas a unha persoa, que tivo que ser trasladada ao hospital para recibir asistencia.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia do accidente entre catro vehículos que se rexistrou ás 14,30 horas na estrada LU-862, ao seu paso pola parroquia de Celeiro.

O 112 Galicia avisou á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Viveiro, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil do municipio. Xa no punto, o persoal de emerxencias desprazado ata o lugar comunicou que era necesario persoal sanitario para asistir ao condutor dun dos coches implicados, que foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tamén solicitou a intervención do servizo de mantemento de estradas para restablecer e garantir as condicións de seguridade da vía.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here