InicioOccidentalViveiroOs viveirenses poderán pagar os seus impostos nas oficinas de Correos

Os viveirenses poderán pagar os seus impostos nas oficinas de Correos

Ademais, poderán usar calquera das sucursais que están distribuídas por España para facelo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro vén de asinar un convenio con Correos para que os veciños, así como calquera outro contribuínte, poidan dispoñer das oficinas desta entidade para aboar os tributos municipais. Esta nova facilidade persigue axilizar a relación entre a administración e a cidadanía.

Os contribuíntes poderán pagar as obrigacións tributarias e outras de Dereito Público que estean xestionadas polo Concello de Viveiro en calquera das 2.370 oficinas de Correos distribuídas por toda España.

Deste modo, o Concello indica que “os veciños e veciñas contan cunha canle áxil e sinxela á hora de cumprir cos seus pagamentos. Tamén dispoñen dunha maior amplitude horaria e mobilidade territorial, un aspecto moi útil cando se aproxima o período estival e se realizan desprazamentos a outras provincias”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...