Unha vivenda unifamiliar en Viveiro viuse afectada por un incendio iniciado no lateral dun edificio próximo, onde ardeu o panel de protección. O incendio xa foi controlado e non hai que lamentar danos persoais, aínda que xerou moita alarma e obrigou a desaloxar as máis de 20 persoas. As forzas de seguridade sinalan que o lume iniciouse nunha barbacoa.
Tal e como relatou o 112 Galicia, ao redor das 12,45 horas deste domingo, varios veciños da localidade alertaron ao servizo de que unha casa ardía na rúa da Misericordia. Nese momento, o 112 deu aviso os bombeiros, así como a Protección Civil e a Policía Local da localidade, entre outros servizos.
Tanto o 112 como a Policía Local confirmaron que foi necesario desaloxar as persoas que nese momento estaban no interior da vivenda, o que se realizou “sen problemas” e polo que non hai que lamentar “ningún dano persoal”.