Viveiro celebra dende desde este venres día 13 de agosto, ata o luns día 16 de agosto nos Xardíns de Noriega Varela, a XXIV edición da Feira do Libro da vila co título xenérico de Libros no Camiño. Será a décima das doce Feiras do Libro que se van celebrar ao longo da xeografía galega ata finais deste mes de agosto.
Nesta ocasión a feira terá de pregoeira destes días de libros e literatura en Viveiro a Arantza Portabales e o pregoeiro infantil Lucas Fernández Sierra. Con eles estarán 14 autoras e autores que estarán presentando e asinando as súas obras e encontrándose coas súas lectoras e lectores no recinto da feira ao longo destes catro días. “Unha ocasión por tanto excepcional, tanto para achegarse ás autoras e autores que coñecemos e gostamos, como para descubrir outros novos”, apuntan desde a organización.
Son catros as librarías que se darán cita nos Xardín de Noriega Varela, Libraría Cortizas, Libraría Pedreira, Libraría Porta da Vila e Libraría AENEA, ademáis estará presente a Editorial Planeta. Con elas estará tamén a Deputación de Lugo e o Seminario de Estudos Terra de Viveiro.