InicioCulturaO Resurrection Fest contará cun dispositivo especial de seguridade "tanto durante a...

O Resurrection Fest contará cun dispositivo especial de seguridade “tanto durante a celebración do festival como despois”

Porase especial atención ao ocio nocturno, ao tempo que se adoptan "as medidas oportunas para evitar aglomeracións ou botellóns".

Publicada o

- Advertisement -

Na Xunta de Goberno Local do Concello de Viveiro celebrada hoxe e copresidida pola Subdelegada do Goberno en Galicia, Isabel Rodríguez López, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, abordouse o dispositivo de seguridade do Resurrection Fest Limited 2021, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de agosto. Segundo os datos facilitados, o aforo máximo do festival será de entre 1000 e 1500 persoas cada día.

Na reunión estiveron tamén presentes os representantes dos distintos corpos e forzas de seguridade. En concreto: da Policía Local, da Policía Nacional, do Subsector de Tráfico e Garda Civil do Mar, da Policía Autonómica, de Protección Civil e do Parque de Bombeiros de Viveiro. A reunión tamén contou coa presenza de representantes da organización do festival.

Na reunión deuse conta do “exhaustivo” protocolo previsto para o interior do recinto, así como das medidas a adoptar polos corpos e forzas de seguridade para garantir a seguridade tanto durante a celebración do festival como despois. Neste sentido, cabe destacar que a Comisaría da Policía Nacional se vai reforzar cunha Unidade de Intervención Policial, unha Unidade da Cabalería e unha Unidade de Guías Caninos.

Durante a celebración do festival, “extremaranse as precaucións sobre todo nos momentos de entrada e saída ao recinto”. Deste modo, unha vez que rematen os concertos, á 1:00 da madrugada, os corpos e forzas de seguridade continuarán velando pola seguridade e o cumprimento das medidas establecidas pola autoridades sanitarias, con especial atención ao ocio nocturno, ao tempo que se adoptan “as medidas oportunas para evitar aglomeracións ou botellóns”.

O Concello de Viveiro recalca que se trata dunha edición do festival adaptada á normativa e ás circunstancias, “cun público moi reducido con respecto ás edicións precedentes”. Asimesmo, lembran tamén que non haberá acampada e que se van realizar as labores de control para evitar que se acampe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...