InicioCulturaBaiuca interpretará o seu último disco en Viveiro nun concerto o 1...

Baiuca interpretará o seu último disco en Viveiro nun concerto o 1 de setembro

O Concello de Viveiro traslada a súa felicitación á viveirense Carmen Díaz, que vén de gañar a primeira edición do concurso “Talentos”.

Publicada o

O artista “Baiuca” ofrecerá un concerto o vindeiro mércores 1 de setembro no parque Pernas Peón en Viveiro ás 22:00. A actuación forma parte da xira “Embruxo”, nome tamén do seu último álbum. Baiuca, nome artístico do músico galego Alejandro Guillán, mestura a música tradicional galega coa electrónica. As entradas ao concerto serán gratuítas, non obstante, será obrigatorio reservar previamente as prazas no teléfono 676877799. A reserva deberá realizarse en horario de luns a venres de 10:00 a 13:00 a partir deste mércores 25 de agosto. Cada persoa poderá reservar un máximo de dúas entradas. Co obxectivo de garantir un concerto seguro, o Concello de Viveiro recorda que será obrigatorio cumprir as medidas sanitarias vixentes. Deste modo, o público deberá usar obrigatoriamente a máscara así como cumprir co protocolo sanitario. Ademais, os asistentes poderán acceder ao recinto entre as 21:15 e o comezo do concerto, co obxectivo realizar un acceso sen aglomeracións. PARABÉNS DO CONCELLO Á VIVEIRENSE CARMEN DÍAZ O Concello de Viveiro traslada a súa felicitación á viveirense Carmen Díaz, que vén de gañar a primeira edición do concurso “Talentos”, convocado pola Cadena Ser. O certame buscaba a mellor voz nova de España e a artista de Viveiro impúxose nas diferentes galas ata a fase final, celebrada o pasado venres. Segundo a canle radiofónica, máis de 100.000 persoas seguiron a fase final do certame, onde a galega tivo a oportunidade de pechar o concurso coa súa actuación, xa como gañadora. Carmen estudou durante 8 anos no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, onde aprendou a tocar a guitarra. A súa aprendizaxe permitiulle gañar o certame, interpretando incluso cancións compostas por ela mesma. Dende o Concello de Viveiro, trasládanlle a noraboa a Carmen e deséxanlle moita sorte no seu posible camiño musical. “Os éxitos dos nosos veciños e veciñas avalan o talento de Viveiro e contribúen a resaltar o noso municipio por toda España, como é o caso desta cita estatal. Parabéns Carmen!”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...