InicioOccidentalViveiroViveiro recibe a doazón dun traballo fin de grao para un proxecto...

Viveiro recibe a doazón dun traballo fin de grao para un proxecto de liña eléctrica aérea

O traballo fin de grao (TFG) foi redactado por un alumno da Universidade Politécnica de Madrid e describe a realización dunha liña de alimentación eléctrica para unha empresa de produtos pesqueiros.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro agradeceu publicamente ao estudante de enxeñaría Mario Santa Cruz Hernando a doazón dun exemplar do seu TFG, titulado “Proyecto de una línea eléctrica aérea de 45 kV en Viveiro”.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recibiu a Santa Cruz na Casa do Concello, quen lle fixo entrega do exemplar que doa ao municipio. O autor do TFG ten vínculos familiares con Viveiro, a onde adoita vir desde pequeno. O exemplar doado será depositado na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro.

Mario Santa Cruz explica que o proxecto consiste no trazado e cálculo dunha liña eléctrica aérea de 45 kV con capacidade para suministrar 15 MVA. A finalidade é dar servizo a unha empresa de elaboración de peixe e produtos de pesca. A liña discorre desde a subestación de Magazos, propiedade de Viesgo, ata o Polígono Industrial de Landrove.

No proxecto descríbense todos os aspectos necesarios para a construción da liña. Así aparecen os cruzamentos, a relación dos apoios, os cálculos eléctricos da liña aérea, o cálculo mecánico dos condutores, os apoios, as cadeas illadoras e o cálculo das bases para cada apoio. Inclúese tamén o estado económico co presuposto necesario para a realización do proxecto, un cronograma, un prego de condicións tipo para a súa execución e un documento con anexos.

Mario Santa Cruz Hernando estudou o Grado en Enxeñería dos Recursos Enerxéticos, Combustibles e Explosivos, na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e Enerxía, na Universidade Politécnica de Madrid.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...