Arrinca o Resurrection da pandemia… Volven a Viveiro os primeiros artistas internacionais do metal

Actuarán Kreator; While She Sleeps (único concerto en España); Eluveitie; Jinjer; Destruction e The Ocean, entre outros.

Concerto no Resu 2019. YOUTUBE/RESURRECTION FEST

O festival Resurrection Fest 2021 celébrase este ano con formato reducido desde este xoves 26 ao sábado 28 de agosto.

Grazas ao Xacobeo 2021-22, á Deputación de Lugo e ao Concello de Viveiro, segundo destaca a organización, volverán a España tras a pandemia primeiros artistas internacionais do metal.

Será, explican, “un pequeno Resurrection Fest chamado Limited e de aforamento moi reducido para que se poida vivir de novo concertos dunha maneira segura tras estes anos de seca”.

Serán tres días de concertos, do 26 ao 28 de agosto, no recinto de sempre, o campo de fútbol de Celeiro. Baixo o abanico do Xacobeo e co cumprimento das medidas de seguridade e sanitarias pola pandemia, actuarán Kreator; While She Sleeps (único concerto en España); Eluveitie; Jinjer; Destruction e The Ocean, entre outros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here