Tras a celebración da X edición da CAMOVI, a Carrera por Montaña Montes de Viveiro, que tivo lugar o pasado domingo, desde o Concello de Viveiro quérese agradecer publicamente a todos aquelas persoas que fixeron posible que a proba resultase, un ano máis, un grande éxito.
Dende o goberno local destácase o gran traballo realizado pola organización para poder levar a cabo esta carreira, nunha edición adaptada ás restricións sanitarias establecidas polo COVID-19.
Non obstante, dende o Concello de Viveiro, recálcase que malia as circunstancias e de tratarse dunha edición máis reducida que en anos anteriores, foi posible sentir a esencia desta proba deportiva. Esta tradicional proba caracterizouse un ano máis pola dureza do seu percorrido pero, ao mesmo tempo, pola gran beleza paisaxística da contorna.
O goberno local inclúe no seu agradecemento o traballo dun centro de voluntarios quen, antes, durante e despois da proba colaboran coa organización para o seu desenvolvemento, cos traballos de montaxe e desmontaxe, na preparación das pistas, nas entrega de dorsais, nos puntos de avituallamento, entre outras tarefas.
O Concello de Viveiro suma ademais a súa felicitación aos 450 participantes desta edición polo dobre esforzo realizado, xa que á dureza da proba se sumou a calor do día de onte. O goberno local espera que os deportistas que participaran nalgunha das tres distancias establecidas 42, 21 ou 10 quilómetros puideran gozar da CAMOVI e volvan a Viveiro na vindeira edición desta proba.
Finalmente, dende o Concello de Viveiro quérese facer unha mención especial a Carmen, unha corredora invidente que xunto co seu guía, Felipe, participou na carreira de 21 quilómetros, un grande exemplo para todos de superación.