InicioOccidentalViveiroVía libre en Viveiro para a instalación dun skate park

Vía libre en Viveiro para a instalación dun skate park

Dende o equipo de goberno celébrase que nesta moción, aprobada no día de onte, o BNG propoña que se consideren estes dous espazos, Lodeiro e Lavandeiras, para ubicar o skate park, atendendo deste modo ás propostas realizadas polo goberno municipal.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa do voto a favor do equipo de goberno á moción para a creación dun skate park no municipio. A moción, presentada polo BNG, é tamén unha proposta que o grupo municipal PSdG-PSOE xa incluía no seu programa electoral e na que xa se está a traballar.

De feito, o goberno municipal xa conta co orzamento dunha empresa especializada para a creación do skate park, cun importe que ronda os 80.000 euros. Tal e como se explicou durante o debate desta moción, a pandemia obrigou a reorganizar os programas e asumir gastos imprevistos, pero a creación dunha pista de skate estaba prevista e, polo tanto, a moción contou co voto favorable do equipo de goberno.

Con todo, dende o goberno municipal faise fincapé na necesidade de contar cuns orzamentos para poder levar a cabo calquera tipo de iniciativa ou actuacións. O goberno municipal explica que aínda que se propoña a execución de obras ou proxectos a través de subvencións, cómpre ter en conta que en practicamente todos os casos a financiación non é total, xa que a axuda non cubre o 100% do custe e se fai precisa a achega municipal.

Nese sentido, lémbrase que o BNG e o PP votaron en contra dos orzamentos municipais e que, polo tanto, se fose polos concelleiros destes dous grupos políticos, os presupostos non serían aprobados e isto implica unhas consecuencias evidentes.

Lémbrase, por outra banda, que a concelleira do BNG xa presentara hai un ano unha moción na que se incluía un punto propoñendo a creación dunha pista de skate no espazo que está máis preto da residencia DomusVI. Durante o debate dese punto, que foi retirado da votación, por parte da Alcaldesa explicouse que o concello xa estivera valorando posibles ubicacións e que se entendía que o máis axeitado sería en Lavandeiras ou Lodeiro.

Dende o equipo de goberno celébrase que nesta nova moción, aprobada no día de onte, o BNG propoña que se consideren estes dous espazos, Lodeiro e Lavandeiras, para ubicar o skate park, atendendo deste modo ás propostas realizadas polo goberno municipal.

RESPOSTA DO BNG Á DECISIÓN DO CONCELLO DE VIVEIRO SOBRE A PISTA DE SKATE

O BNG de Viveiro sinala que no seu día levou para o seu debate en pleno “a demanda histórica da construción dun SkatePark en Viveiro“. A moción defendida pola concelleira Míriam Bermúdez, propoñía contar cunha empresa especializada para a construción do mesmo e considerar para a súa ubicación “algunha das zonas máis demandadas pola veciñanza, como son a zona de Lodeiro e a zona verde fronte á piscina municipal”.

Segundo o BNG, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro “ocultou en todo momento a recollida de 1200 sinaturas realizada en 2017, recoñeceu no pleno que si lle foran entregadas”. O Bloque de Viveiro sinala ademais que Loureiro “xustificou a súa falta de implicación dicindo que non se construiu o skatepark porque os comezos son complicados”.  Ante esta resposta, o BNG manifestou que María Loureiro leva desde 2011 na alcaldía polo que “non sabemos canto tempo máis é necesario para que colla rodaxe despois de 10 anos no goberno municipal”.

Os nacionalistas tamén sinalan que María Loureiro “culpou ao BNG de non estar do lado do goberno á hora de aprobar os orzamentos”. Sobre este punto, desde o Bloque indicouse que “María Loureiro e Bernardo Fraga, o cogoberno de Viveiro, apareceu dun día para outro en prensa anunciando a aprobación dos orzamentos municipais, mais parece ser que a culpa da falta presupostaria é da concelleira do BNG”, ironizou naquel momento a concelleira nacionalista Míriam Bermúdez.

Bermúdez aproveitou para denunciar este “conveniente acordo pechado chamado orzamentos municipais”.  Para a concelleira do BNG aqueles foron “uns orzamentos pechados de PSOE con POR VIVEIRO, sen convocar en ningún momento ao BNG para a redacción ou modificación dos mesmos”. Debido a isto, o BNG “tan só puido expresar a súa valoración no mesmo pleno ao que se levaron para a súa aprobación, onde tampouco foron escoitadas estas demandas e modificacións dos mesmos.”

A moción saiu aprobada por unanimidade “tras María Loureiro verse presionada, quen declarou que se fará a construcción cando o goberno o decida e non cando o BNG o diga”. Os nacionalistas denuncian o atraso destra infraestrutura “cando varios concellos da Mariña levan anos desfruntando delas”. Míriam Bermúdez declarou finalmente que non se dea ningunha batalla por perdida, “no BNG estaremos espectantes e insistiremos as veces que faga falla até que se cumplan os acordos plenarios”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...