InicioOccidentalViveiroViveiro anuncia o desbloqueo do PXOM Municipal despois de reunirse coa...

Viveiro anuncia o desbloqueo do PXOM Municipal despois de reunirse coa Axencia Galega de Infraestruturas

“Foi unha reunión frutífera e agradecemos a receptividade da AXI, de feito este mesmo luns xa haberá unha reunión entre o equipo redactor do PXOM e técnicos da axencia para desbloquear algunhas cuestións clave do plan”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro conseguiu desbloquear esta mañá a tramitación do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) nunha reunión celebrada en Santiago na Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

“Foi unha reunión frutífera e agradecemos a receptividade da AXI, de feito este mesmo luns xa haberá unha reunión entre o equipo redactor do PXOM e técnicos da axencia para desbloquear algunhas cuestións clave do plan”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A reunión foi solicitada pola propia alcaldesa e participaron na mesma Francisco Menéndez, director da AXI; Héctor Presas, xefe da Área de Planificación da AXI; o equipo redactor de OTEA (Manuel López e Belinda Yepes); María Loureiro; e os portavoces municipais do PSOE (Jesús Fernández); PP (José Ramón Soto); X Viveiro (Bernardo Fraga), e o concelleiro non adscrito (Luis García).

“Viveiro necesita o PXOM, é unha ferramenta imprescindible e primordial para o desenvolvemento do concello en diferentes eidos, como o urbanístico e o industrial; é unha opinión consensuada entre todos os grupos da corporación”, lembra a alcaldesa.

A AXI era ata o de agora a única administración da que o concello ten pendente o establecemento dunhas directrices para poder continuar coa tramitación do PXOM, tendo en conta que hai certa incertidume e falta dun criterio claro para poder seguir avanzando.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...