InicioCulturaViveiro quere que o astrolabio descuberto na ría quede no concello

Viveiro quere que o astrolabio descuberto na ría quede no concello

o Concello de Viveiro sinala tamén que está volcado na arqueoloxía subacuática, tal e como se demostra na organización das Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro, que este ano celebran a súa quinta edición.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro remitiu un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta solicitando que o astrolabio ‘Viveiro I’, recuperado recentemente no ‘Pecio Viveiro I’, permaneza en noo concello e, mentres non se chegue a concretar a creación dun centro de interpretación da ría, poida ser exposto ao público, ben sexa na propia casa do concello nunha vitrina ou ben nas instalacións do antigo centro comarcal.

O goberno local xa estaba en contacto co grupo de arqueólogos, como estivo en todas as ocasións nas que viñeron a Viveiro, a través da Concellaría do Mar. O concello é coñecedor de primeira man tanto deste achádego como dos outros que se produciron na ría de Viveiro.

Neste sentido, cómpre subliñar que o Concello de Viveiro está volcado na arqueoloxía subacuática, tal e como se demostra na organización das Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro, que este ano celebran a súa quinta edición.

Finalmente, cómpre indicar que por parte do director técnico do ‘Proyecto Eterna’ instouse ao Concello de Viveiro a mobilizar os medios necesarios para que o astrolabio poida permanecer na localidade. Tanto este escrito como o informe emitido ao respecto, a petición do concello, tamén foron remitidos xunto coa solicitude á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

O goberno local espera que esta petición sexa atendida favorablemente e que este astrolabio náutico, datado entre 1575 e 1622, poida permanecer en Viveiro.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...