InicioOccidentalViveiroFrancisco Pérez, director da EOI de Viveiro: "Somos un servizo público de...

Francisco Pérez, director da EOI de Viveiro: “Somos un servizo público de ensino nun mundo cada vez máis globalizado”

A EOI Luz Pozo Garza de Viveiro ten entre o seu alumnado xente como pilotos de helicópteros de rescate ou membros dos corpos de seguridade. Isto demostra segundo o director, Francisco Pérez, a importancia profesional que ten a aprendizaxe de linguas en calquera eido profesional.

Publicada o

- Advertisement -

-Vanse complementar os cursos de linguas con novidades dentro da aprendizaxe?

Este curso de momento non hai novidades con respecto outros anos. Seguimos impartindo catro linguas, alemán, francés, inglés e italiano cos seus respetivos niveis A, B e C, cada un deles desdobrados segundo que linguas.

-O inglés é o máis demandado polo que se pode ver na web, non obstante, cal é o seguinte idioma máis demandado?

Francés e italiano están ao mesmo nivel de demanda. Sobre o alemán, houbo unha demanda moi alta a comezos da crise por xente que pensaba emigrar a Alemania.

-Se tiveses que avaliar o nivel de éxito entre o alumnado que vai ás aulas, cal sería a túa perspectiva?

Depende o tipo de alumnado. Hai persoas cuxa motivación é simplemente que lle gusta o idioma, non está moi interesado na certificación, son persoas que lles gusta moito viaxar, por exemplo. Logo hai unha parte do alumnado que son universitarios, preuniversitarios e postuniversitarios que como lles esixen un nivel B2, facendo este nivel tamén lles configuran créditos de libre configuración. Iso sobre todo estudantes universitarios que teñan pensado traballar na docencia, tamén lles facilitaría estar en escolas plurilingües coas linguas vehiculares que marca a Xunta. Isto dálles máis opción de que os chamen para traballar estando dentro dunhas listas.

-Tedes ademais, actividades extracurriculares.

Si, temos moitas. Sucede que coa paréntese da pandemia deixaron de facerse. Normalmente hai eventos en relación coas festividades propios da lingua. Un exemplo é a Oktober Fest en alemán, o Halloween ou a queima da careta de Jay Fox, o da careta de “V de Vendetta”. Á parte está a Semana das Letras Galegas e cada lingua celebra as festividades en relación ao país onde se fala cada idioma. Logo había viaxes de estudos aos países de cada un dos idiomas impartidos. Estas viaxes eran satisfactorias para o alumnado porque vían que eran capaces de defenderse. Normalmente iamos a Gran Bretaña, tamén se fixeron a Francia, Italia e Alemaña. Espero que este ano se poidan realizar de novo.

Hai persoas cuxa motivación é simplemente que lle gusta o idioma, non está moi interesado na certificación, son persoas que lles gusta moito viaxar

-Isto sería toda unha experiencia para algúns e algunhas das estudantes?

A ver, si, porque a demanda destas viaxes era a mesma para todas as linguas. A experiencia estaba ademais de facer a viaxe, o alumnado caía na conta que podían defenderse, mesmo dos niveis máis básicos, sobre todo para cuestións básicas.

-Impartides tamén español para estranxeiros?

Non, houbo un intento, mais non. Tamén houbo un intento de facelo co galego administrativo, co CELGA, mais non se consolidou.

-Ademais da sede en Viveiro tedes unha sección en Burela.

Si, porque había un número considerable de alumnado de Burela e como é unha entidade poboacional, decidiron abrir unha sección onde imparten o mesmo ensino regrado que aquí mais nun instituto, o IES Monte Castelo, eles poñen as aulas e nós o profesorado. Academica e admnistrativamente depende da EOI de Viveiro.

-Realizades campañas de animación para que a xente se anime a matricularse?

Fíxose outros anos, mesmo na praza do Concello con carpas onde se impartían aulas na rúa. Moita xente non sabe que hai unha Escola de Idiomas, pensan que é unha academia de inglés. Por iso moitas veces debemos explicar que isto é un centro oficial, con ensino regrado, válido para toda España e para Europa e cos parámetros do Marco Europeo para as Linguas. Os horarios son de dúas horas en dous días á semana por 100 euros o curso, todo con certificación oficial e asequible para todo o mundo. Por outra parte, a partir do día 4 de outubro abrimos a matrícula extraordinaria para encher prazas vacantes.

As viaxes de estudos eran satisfactorias para o alumnado porque vían que eran capaces de defenderse

-Existe un segmento poboacional maioritario dentro da EOI?

Hai de todo, desde as amas de casa que teñen libres as mañás ou as tardes, que lles gusta aprender linguas e tamén estudantes pre e universitarios e xente que lles gusta. Tivemos persoal de rescate e hostalaría que caeron na conta de que ter coñecementos básicos dunha lingua axuda moito. Deille aulas a un pilóto de helicóptero de rescate que comentaba aos compañeiros a importancia no momento de facer un rescate, neste caso fora un veleiro francés e o piloto ía a francés e inglés, nun momento tan crítico é moi importante falarlle a alguén na súa lingua. Reconforta moito á persoa rescatada nun momento difícil.

-Gustaríavos achegarvos a sectores como os de seguridade e outros para animalos a aprender idiomas?

Si, hai anos fixemos unha campaña mediante trípticos que deixamos na Policía, Garda Civil e centros hostaleiros, para esta xente polo seu traballo, é importante. Ademais, no caso de funcionarios iso dá puntos no momento de solicitar traslados ou mesmo ascensos. O coñecemento de idiomas é algo valorado dentro destes colectivos.

-Gustaríavos achegarvos a algún sector en particular.

Non, a todos en xeral. Somos un servizo público de ensino nun mundo cada vez máis globalizado, mesmo aquí, que pasamos dun turismo nacional a máis internacional, ter uns coñecementos básicos axuda moito. Independentemente do interese persoal, é unha ferramenta importante dados os tempos que nos tocará vivir.

Deille aulas a un pilóto de helicóptero que comentaba aos compañeiros a importancia no momento de facer un rescate falarlle a unha persoa na súa lingua

-Dirías que en Viveiro e concellos de arredor hai interese en aprender idiomas?

Entre Viveiro e Burela tivemos máis de 700 alumnos nalgún momento. Logo coa chegada da COVID veu un golpe moi forte reducindo a matrícula. Mais en xeral diría que si e agora mesmo nos estamos recuperando mais non estamos nos momentos prepandemia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...