InicioOccidentalViveiro"Ruada de Contos" en Viveiro para fomentar o uso do galego en...

“Ruada de Contos” en Viveiro para fomentar o uso do galego en familia

“O fomento da lingua galega, sobre todo dende a infancia, é unha das nosas prioridades de goberno”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presenta unha nova iniciativa cultural durante o mes de outubro. “Ruada de contos” é un conxunto de espectáculos dirixidos á infancia, á mocidade e ao público familiar, cos que o goberno local busca fomentar o emprego da lingua galega.

Este programa realízase grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia e do Concello de Viveiro, co obxectivo de fomentar o emprego da lingua galega en todos os ámbitos. O goberno local, dirixido por María Loureiro, busca con este programa que a mocidade deixe atrás vellos prexuízos e inercias negativas sobre a lingua galega; así como fomentar a creatividade e o ocio no idioma galego garantindo unha ampla oferta cultural en galego.

A programación comezará o próximo xoves 7 de outubro ás 18:00, con “Vacacións no Mar de Tom Arena”. Ese mesmo venres 8, ás 18:00, será a quenda de “Soñando inventei de María Faltri e Jorge Juncal”. O sábado 9 de outubro ás 12:00 representarase “Historias para derreter cera de Alba Grande”. Por último, a programación pecharase o domingo 10 de outubro ás 12:00 con “A Carreira de Charo Pita”.

Todos os espectáculos realizaranse na Sala Multiusos do Concello de Viveiro e as prazas son limitadas. Cómpre realizar a reserva no teléfono 982560162, de 10:00 a 12:00, cunha reserva máxima de 2 entradas por persoa. Durante todos os espectáculos cumpriranse cos protocolos COVID-19 pertinentes.

“O fomento da lingua galega, sobre todo dende a infancia, é unha das nosas prioridades de goberno. No Concello, realizamos un importante esforzo para que case toda a nosa programación estea en lingua galega, para que o noso idioma ocupe o lugar que merece”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...