InicioOccidentalCentenares de veciños apoian aos traballadores de Vestas e claman ante a...

Centenares de veciños apoian aos traballadores de Vestas e claman ante a “morte” da Mariña

Piden unha saída de futuro e apelan ás administracións a que medien no conflito.

Publicada o

- Advertisement -

Centenares de persoas saíron este sábado ás rúas de Viveiro  para mostrar o seu respaldo aos traballadores da factoría de Vestas ante o ERE anunciado pola empresa que afecta a 115 traballadores.

Os veciños de Viveiro volveron a arroupar ao persoal da fábrica percorreron as rúas da localidade mariñá nunha manifestación que arrincou ás 12,00 horas deste sábado e que supón “o pistoletazo de saída” ao calendario de mobilizacións que preparan os traballadores para reclamar unha saída de futuro ante o peche anunciado pola compañía.

Así o explicou o presidente do comité de empresa, David Mariño, que denunciou o peche decretado “sen a máis mínima alternativa” por parte da empresa, á que instan a repensar a decisión. Tamén se dirixen ás administracións e formacións políticas, a quen demandan que medien para alcanzar “unha alternativa” que consideran que pode pasar pola venda da planta.

“Falamos de que hai un problema neste momento, pero tamén é un problema a longo prazo”, incidiu o representante sindical, que advirte de que a situación aberta con Vestas únese á da Alcoa San Cibrao.

“A Mariña morre e necesitamos solucións”, incidiu, na liña de consígnalas que se puideron escoitar nunha protesta que percorreu as rúas de Viveiro baixo cánticos como “sen industria non hai futuro”.

Tras a mobilización deste sábado, os traballadores de Vestas realizarán outra o vindeiro martes en Santiago. Partirán das Cancelas para dirixirse á sede do Goberno galego no edificio administrativo de San Caetano, onde se reunirán co vicepresidente segundo e respsonable da área económica, Franciso Conde. “Necesitamos feitos, nin máis nin menos. É hora xa de que a clase política empezo a mover ficha”, reivindicou Mariño.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...