InicioOccidentalViveiroViveiro realizará a devolución-compensación na taxa da recollida de lixo que afectou...

Viveiro realizará a devolución-compensación na taxa da recollida de lixo que afectou aos negocios pechados en xaneiro

A medida beneficia aos negocios afectados polo peche temporal entre o 27 de xaneiro e o 25 de febreiro, como consecuencia da orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecían medidas de prevención específicas pola evolución da situación epidemiolóxica.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anuncia que a devolución-compensación na taxa de recollida de lixo aos negocios afectados polo peche temporal de xaneiro se aplicará na facturación do terceiro trimestre, cuxa facturación se remitirá este mes de outubro.

Entre as medidas establecidas desde o goberno municipal para contribuír a paliar as consecuencias económicas da crise derivada da Covid-19 ao sector da hostalería, inclúese a devolución-compensación da taxa de recollida de lixo e prestación patrimonial non tributaria dos servizos de abastecemento domiciliario de auga potable, sumidoiro, depuración de augas residuais e demais servizos.

A medida beneficia aos negocios afectados polo peche temporal entre o 27 de xaneiro e o 25 de febreiro, como consecuencia da orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecían medidas de prevención específicas pola evolución da situación epidemiolóxica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...