InicioOccidentalViveiroViveiro anuncia as subvencións estatais para compensar os custes de adaptación á...

Viveiro anuncia as subvencións estatais para compensar os custes de adaptación á TDT2

As axudas refírense ás adaptacións realizadas naqueles edificios antes do 31 de decembro de 2020 polos instaladores de telecomunicacións inscritos na base de datos da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas dixitais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa aos seus veciños e veciñas da convocatoria das subvencións destinadas a compensar de forma directa ás comunidades de propietarios polos costes derivados da recepción ou acceso aos servizos de comunicación audiovisual nas edificacións afectadas pola liberación do segundo dividendo dixital (TDT2).

Estas subvencións poden ser solicitadas polas comunidades de propietarios, 1 subvención por cada comunidade, ata o 31 de outubro de 2021. As axudas refírense ás adaptacións realizadas naqueles edificios antes do 31 de decembro de 2020 polos instaladores de telecomunicacións inscritos na base de datos da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas dixitais.

A información sobre estas axudas está dispoñible na seguinte ligazón: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2021-39022 As persoas interesadas tamén poden dirixirse á Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións de Lugo no teléfono 982265231.

O formulario para solicitar estas subvencións está dispoñible nesta ligazón, para realizala cómpre dispoñer dun certificado dixital ou número cl@ve: https://sede.red.gob.es/es/procedimientos/segunda-convocatoria-del-plan-de-subvenciones-asociadas-al-segundo-dividendo-0

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...