InicioOccidentalViveiroConvocado en Viveiro un pleno extraordinario para abordar as contratacións do persoal...

Convocado en Viveiro un pleno extraordinario para abordar as contratacións do persoal municipal

O BNG de Viveiro denuncia irregularidades na contratación e despedimento dunha empregada de limpeza. O Concello asegura que se seguiron todos os procedementos sinalados polos servizos xurídicos.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG solicitou a presenza da alcaldía para dar conta da situción laboral en que está “unha traballadora do Concello de Viveiro que leva 27 anos prestando servizo para o mesmo”. Segundo o grupo municipal nacionalista, a traballadora recibiu unha comunicación a finais de agosto, en concreto o día 27, segundo a cal, sería dada de baixa na Seguridade Social como empregada do Concello a partir do día 1 de setembro.

Segundo o Bloque o despido “execútase tendo a traballadora por sentenza xudicial adxudicada unha praza definitiva como persoal laboral do Concello de Viveiro”. Isto incluía unhas características concretas de salario e horario. Este caso é interpretado como “un despido da traballadora baixo orde da alcaldía, que canto menos precisa xustificación e explicación dos motivos de tal actuación”.

Pola súa parte, desde a alcaldía de Viveiro sinalan que este mesmo xoves día 7 “demos a documentación e os informes relativos ao caso que apunta o BNG”. Nese sentido, convocouse un pleno extraordinario para o día 21 de outubro para explicar os motivos e procedementos que se seguiron no caso da empregada de limpeza.

Desde a alcaldía sinalan que “todos os procedementos foron realizados de acordo cos servizos xurídicos e por tanto, non hai nada que esconder”. Apuntan ademais que o BNG realizou as primeiras acusacións de presuntas irregularidades “antes de ver a documentación” sobre este tema.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...