InicioOccidentalViveiroViveiro repartirá credencias do Camiño do Mar para os peregrinos desde esta...

Viveiro repartirá credencias do Camiño do Mar para os peregrinos desde esta fin de semana

Deste modo, desde o sábado 9 de outubro, a oficina de Turismo de Viveiro disporá das credenciais para que os peregrinos poidan adquirilas e iniciar o Camiño do Mar a Santiago de Compostela.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro reuniuse esta semana coa Asociación del Camino del Mar, co obxectivo de seguir traballando na visibilización desta ruta. Na xuntanza, estiveron presentes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; a concelleira de Turismo, María Soledad Rey Yáñez e o presidente da Asociación Amigos del Camino del Mar en Peregrinación a Santiago, Manuel Vicente González.

A finalidade desta reunión era seguir traballando e colaborando, como veñen facendo durante anos, pola promoción e divulgación do Camiño do Mar e polo seu recoñecemento como ruta xacobea por parte da Xunta de Galicia.

Nesta xuntanza, acordouse que a Asociación del Camino del Mar porá a disposición do Concello de Viveiro credenciais para que todos aqueles peregrinos e peregrinas que o desexen poidan compralas nas dependencias da oficina de Turismo de Viveiro.

Deste modo, desde o sábado 9 de outubro, a oficina de Turismo de Viveiro disporá das credenciais para que os peregrinos poidan adquirilas e iniciar o Camiño do Mar a Santiago de Compostela.

Nas próximas semanas, o Concello de Viveiro ten previsto manter unha reunión coas asociacións Centro Comercial Histórico de Viveiro, Beiras de Viveiro e a propia Asociación del Camino del Mar, para trasladarlles información sobre como selar as credenciais aos peregrinos/as que pasan polo municipio.

Ademais, o goberno local recorda que, como xa adiantou en meses anteriores, está a traballar nun selo representativo do Camiño do Mar ao seu paso por Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...