InicioOccidentalViveiroÚltima oportunidade en Viveiro para recoller un colector para compostaxe

Última oportunidade en Viveiro para recoller un colector para compostaxe

As persoas que recollan o composteiro recibirán unha chamada para completar os seus datos, pero tamén poden facelo nun formulario online antes ou despois da recollida.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anuncia a última entrega de composteiros deste ano, no marco do seu proxecto “Viveiro sustentable”, unha iniciativa de loita contra o cambio climático e defensa do medio ambiente.

A primeira campaña do proxecto consiste na compostaxe doméstica, co obxectivo de que 300 familias do Concello de Viveiro composten na súa casa. O único requisito é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo.

Entregaranse composteiros a tódalas persoas interesadas no Pavillón Polideportivo Municipal de Viveiro o mércores 13, o xoves 14 e o venres 15 de outubro entre as 16:00 e as 20:00. Ao recollelo será necesario indicar un número de teléfono e o nome. Para participar de forma gratuíta no programa pódese completar un formulario (https://cutt.ly/yhO5rrF), enviar un correo electrónico a viveirosustentable@mediagesgm.com ou chamar ao número 675.507.832.

As persoas que recollan o composteiro recibirán unha chamada para completar os seus datos, pero tamén poden facelo nun formulario online antes ou despois da recollida. Logo disto, os participantes recibirán a visita das Mestras Composteiras que farán o labor de formación para o mellor funcionamento dos composteiros na semana entre o 18 e o 22 de outubro.

Preténdese con esta aposta pola compostaxe que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares. A iniciativa, de financiación europea, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...