InicioOccidentalViveiroMiles de persoas claman en Viveiro polo futuro da Mariña

Miles de persoas claman en Viveiro polo futuro da Mariña

Unha mobilización percorre Viveiro para protestar contra a crise industrial da comarca.

Publicada o

- Advertisement -

Miles de persoas responderon este domingo á chamada dos sindicatos CIG, CC.OO. e UGT para participar polas rúas de Viveiro nunha gran mobilización ‘Polo futuro da Mariña’, que reclamou ás administraicones unha solución á crise industrial que vive a comarca.

Veciños, traballadores, asociacións de comerciantes e representantes públicos de diferentes formacións políticas, entre eles alcaldes mariñáns, secundaron esta mobilización que tivo como principal transfondo os anunciados peches das plantas de Alcoa San Cibrao e de Vestas en Chavín.

A manifestación partiu ás 12,00 horas do mediodía desde a sede da Cruz Vermella e transcorreu polas rúas do municipio.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...