O Concello de Viveiro abriu o prazo de inscrición para asistir ao ‘I Foro Económico de Viveiro’, que se celebrará o próximo sábado 30 de outubro en xornada de mañá no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas.
Esta xornada de debate nace coa idea de ser un lugar de encontro e diálogo para o sector económico e empresarial de Viveiro. Unha ferramenta para reflexionar sobre o actual contexto e atopar novas solucións de forma conxunta.
Ademais, o concello quere que o foro sirva para facer unha distintinción pública ao esforzo do empresariado local. De feito, entregarase o Recoñecemento Empresarial do Ano a unha empresa de Viveiro.
O concello enviou xa cartas ás pemes e autónomos do concello informando desta xornada de debate. A asistencia é gratuíta pero o aforo estará limitado para cumprir cos protocolos Covid-19.
O prazo para inscribirse remata o 28 de outubro de 2021. Calquera persoa pode facelo descargando da páxina web do concello, www.viveiro.es, o formulario e enviando un correo electrónico a concellal.facenda@viveiro.es
Aquelas persoas que non poidan asistir, tanto por aforo ou por outras circunstancias, poderán seguir a xornada por streaming nas redes sociais do concello, da cal se dará o enlace de conexión.