InicioOccidentalViveiroSorteo en Viveiro con motivo do Día da Biblioteca o vindeiro 24...

Sorteo en Viveiro con motivo do Día da Biblioteca o vindeiro 24 de outubro

Todos os usuarios e usuarias que tomen prestado un exemplar da biblioteca entrarán no sorteo dun lote de libros e dun abono da programación do Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da concellería de Cultura, conmemora o vindeiro 24 de outubro o Día das Bibliotecas. Unha data que o Concello quere celebrar cos usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal de Viveiro e con todas aquelas persoas que queiran sumarse a esta comunidade.

Para celebrar esta data, o Concello de Viveiro organiza un sorteo entre todas as persoas que retiren un libro na Biblioteca Municipal o sábado 23 ou o luns 25 de outubro. Todos os usuarios e usuarias que tomen prestado un exemplar da biblioteca entrarán no sorteo dun lote de libros e dun abono da programación do Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

Para o goberno local é unha prioridade ofrecer diferentes actividades culturais, polo que é unha satisfacción que a comunidade da Biblioteca sexa cada vez máis grande e más participativa”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.

A isto súmase a representación teatral “Casting”, o sábado 23 de outubro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. A función, a cargo da compañía “Hipócrita Teatro” será ás 20:30. Dende o Concello anímase á cidadanía a gozar nesta outra actividade cultural, que forma parte da programación cultural deste outono.

Ademais dende o Concello de Viveiro destácase o éxito da iniciativa “Ruada de Contos”, que se realizou este mes e que contou cunha ampla participación dos nenos e nenas do municipio. “Estamos moi orgullosos de que a infancia participe tan activamente na vida cultural de Viveiro”, engade a concelleira de Cultura.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...